E en abrl tamén visitamos a biblioteca do cole da Pontenova.
A biblioteca é un proxecto chulísimo que o están poñendo en marcha as profes do cole, que son unhas persoas moi especiais e unhas grandes amantes dos libros.
Alí cos máis pequeniños vestímonos de vacas, e puxemos ovos de cores,
máis tarde, cos maiores debuxamos o mapa da Illa do Medo, e decubrimos que un dos rapaces do cole padece
Tiburonrobotfobia!!!!!!
Ou sexa, que lle ten medo aos tiburóns robot.
Como para non terlle medo….
Moitas grazas profes e nenos da Pontenova por convidarnos a pasar un día tan chulo.
Estamos desexando que nos volvades convidar!!!





Moitas grazas a vós, Laura! Os nenos quedaron encantados! Seguiremos en contacto. Saúdos