Henry xa está aquí!!!!

Pois si, chegou da China a segunda edición de O Incrible Neno Devorador de Libros.

É moi emocionante, porque Henry foi o noso primeiro libro, e podermos editar a segunda edición quere dicir que hai moitos nenos e nenas galegos (e os seus pais e nais) que xa saben a que saben as palabras e os libros.

Con esta segunda edición esperamos que sexan moitas e moitos máis quen comece a devorar libros.

Porque só devorando libros aprenderemos como devorar os monstros.

Deixámosvos esta xoia, para abrir boca.

Deixar un comentario

Arquivado en libros, O incrible neno devorador de libros

2012 contos de fadas!

Este ano pedímoslles aos Reis Magos que traian Vitaminas para o Galego,

para soñar con dous mil doce contos vitaminados para a nosa lingua.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Zdenek Miller

Zdeněk Miler que estás en los cielos

 

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

O camaleón está triste… The chameleon is blue…

Que lle pasa ao camaleón?

Ide correndo a descubrilo nas vosas librerías preferidas!!!!

Este camaleón precisa un amigo!!!!

O camaleón azul/Blue Chameleon

A primeira clase de inglés e galego para os máis pequenos onde aprenderán as

cores coa axuda dun camaleón que se sinte moi só e busca unha amiga.

Ilustración e texto de Emily Gravett

PVP 12,50 euros

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Libros e lentes no dia das letras!!!

Nin tabletas gráficas nin lerias, o que precisamos para ler ben son lentes!!!!!!

Grazas, vistaÓptica Lugo, por contar con nós!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Vacas sen medo? Ratos que poñen ovos?

E en abrl tamén visitamos a biblioteca do cole da Pontenova.

A biblioteca é un proxecto chulísimo que o están poñendo en marcha as profes do cole, que son unhas persoas moi especiais e unhas grandes amantes dos libros.

Alí cos máis pequeniños vestímonos de vacas, e puxemos ovos de cores,

máis tarde, cos maiores debuxamos o mapa da Illa do Medo, e decubrimos que un dos rapaces do cole padece

Tiburonrobotfobia!!!!!!

Ou sexa, que lle ten medo aos tiburóns robot.

Como para non terlle medo….

Moitas grazas profes e nenos da Pontenova por convidarnos a pasar un día tan chulo.

Vaquiñas da Pontenova cos seus ovos de cores!

Estamos desexando que nos volvades convidar!!!

Baleofobia! Co bonitas que son as baleas!

A illa do medo!

Incrible libro dos Medos da Pontenova. Xa está no museo de obras de Arte de Patasdepeixe!

Vaquiña que fixeron as nenas e nenos da Pontenova. Isto é unha obra de Arte!

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Vivan as vaquiñas de Cervantes!

No mes de abril visitamos un cole incrible nun lugar maravilloso que parece sacado dun conto.

Estivemos no cole de San Román de Cervantes, e alí descubrimos que dentro de cada un de nós hai unha vaquiña moi especial.

Aquí van algunhas fotos.

Moitas grazas por un dia tan chulo!

Patasdepeixe

O regalo que nos fixeron, que xa está no museo de obras incribles de Patasdepeixe.

Vaquiñas!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized