Xerais e a Playstation

O sábado foi a entrega dos premios Xerais.

Puxémonos de pé para aplaudir a Agustín Fernández Paz, que compuxo un texto onde se tecían con tenrura ideas como a memoria, a lectura, a escrita, a lingua, e finalmente a esperanza.

Mentres lía o seu discurso, un pícaro sentado diante de nós xogaba á Playstation. Seguramente non sabía quen é Fernández Paz, nin por que nos puxemos de pé despois da súa defensa agarimosa da nosa lingua, e é seguro que non lle importaba. Como ten que ser, porque como di Franky Devos, os nenos de hoxe non son os adultos de mañá, son os nenos de hoxe.

En calquera caso, a imaxe era simpática.

Gústame pensar que este pícaro, pode que non xogue á play en galego, pero sí que ten unha morea de libros de Agustín que pode ler, si que pode ver a televisión en galego e pode escoitar a radio en galego. Este pícaro estuda galego na escola e sabe utilizar a lingua en calquera ámbito.

Grazas, Xerais por convidarnos a unha tarde tan xeitosa, e por traballar tanto e tan ben porque pícaros coma o que xogaba á playstation medren con máis oportunidades das que houbo nunca.

Contade con nós para traballar porque siga sendo así (ou mellor).

Grazas,

Patasdepeixe

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “Xerais e a Playstation

  1. helena

    Ola son Helena a secretaria do xurado e a persoa que en Xerais leva a literatura infantil e xuvenil, levo traballando 25 anos nista empresa, polo tanto coñezo a Agustín dende que era profesor en Mugardos e facía os primeiros libros de texto en galego que se chamaron O noso galego, eu traballaba con el e con moita mais xente: Lastra, Xabier P. Docampo, Xan López Domínguez…
    Ese pícaro que estaba no premio Xerais e o meu fillo pequeno Artai, que si ten na casa como ti ben dis todos os libros de Agustín, leu mais dun e coñeceo a el persoalmente dende hai moito tempo.
    Agora ben ten 9 anos e por moito que seipa quen está a falar é dificil con isa idade pedirlle atención e que comprenda o alcance de todo o que Agustín dixo, porque queiramolo ou non vivimos nun país, onde os que alí estabamos non deixamos de estar nunha illa física e virtualmente.
    Si pode ler libros en galego, si pode ver a tele en galego, os seus pais so falan en galego e na escola ten máis galego que nunca, pero el non fala galego, e non o fai porque ningún neno do seu colexio: Colexio público Doutor Fleming de Vigo o fai, e el xa se sinte bastante friqui sen falalo: non lle gusta o futbol, gústalle ler, xogar coas máquinas, a música e bailar…
    Seguiremos na súa casa crendo que o galego debe de utilizalo sempre e el se integrará na súa lingua materna cando o sinta necesario e tristemente niste pais por agora non é así.

  2. patasdepeixe

    Helena, tes razón, supoño que para uns pais que queren esforzarse en proporcionarlles aos seus fillos unha lingua de seu, ten que ser moi frustrante enfrontarse á situación actual.
    Reitero a nosa colaboración desde Patasdepeixe para traballar porque polo menos no campo da lingua, non se dea nin un paso atrás.
    Unha aperta,
    Patasdepeixe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s