A forza das minorías

A forza das minorías

As minorías somos pequeniñas e molestas, coma os mosquitos tigre, coma os cágados das eirugas nos brotes de leituga, coma as bacterias na planta do pé.

As minorías somos menores, feas, deformes, desorganizadas, infectas, somos gais, somos guais, somos de pelo roxo, birollas, fáltanos unha perna e un brazo, falamos linguas minorizadas, no tempo libre facemos bolillos ou lemos libros, hai minorías que gastan os cartos en facer outros libros para que outras minorias minorizadas os lean cos seus ollos tortos e pasen as páxinas co muñón do pé que xa non lles queda.

Pois ben, todas as minorías habémonos xuntar esta semana en Santiago, unhas iremos arrastrando a nosa lingua polo chan, outras virán aínda máis arrastradas, outras minorías suecas ou danesas virán ondeando o seu cabelo mouro (porque son minorías) polo horizonte, outros virán choscos, xordos e mudos, outros choscoxordomudos e outras minorías virán dando chimpos porque xa lles cortaron as mans os pés e as ás, e só queda dar pulo cos latexos do corazón.

Pois asi, con este panorama de minorias minoritarias minorizadas, habémonos xuntar, e para que?

Pois para subir de excursión ao Gaiás e botar unhas boas risas.

Agora en serio, estamos moi nerviosos por ir a este congreso que ten tan boa pinta.

O que menos nos apetece, ver ao señor Feijóo e a Raiña Doña Sofía, que son guest stars que podían quedar na casa.

O que máis, o que esperamos poder aprender da xente que vén de tan lonxe para contar as súas experiencias facendo libros.

Xa vos iremos contando por aquí o día a día do congreso.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s