Congreso IBBY

Pois empezou o congreso!

Non nos gustou moito a presentación, a dicir verdade, pero iso é porque non nos gustan os persoeiros sobranceiros, que tanto lles ten inaugurar unha autoestrada, un pantano ou un congreso de literatura infantil.

Nós, os que facemos libros con ilusión, con amor, con ganas de defender a nosa lingua sabemos como está o panorama, e todas esas palabras baleiras pois non nos achegan nada novo, máis ben nos poñen algo tristes, porque nos deixan ver que por aí arriba si que somos unha prescindible mínima minoría.

Por iso, cando nos veñen a contar que en españa hai exactamente 52.412 libros, pois sorrimos e dánnos ganas de encender o ipod.

O que si me fixo gracia foi a escolla linguística do evento.

A presidenta da OEPLI, que é de algures en españa, decidiu falar en inglés, o alcalde e o presidente, que son de aquí, decidiron empezar e rematar o seu discurso en castelán, aínda que o último decidiuse cun pequeno flirteo costumista co galego, para que non nos queixásemos os de sempre, e que toleou aos intérpretes, e ao final, pois a única que se dirixiu á xente en galego para saudar polo menos, foi a presidenta do IBBY, que curiosamente era a única estranxeira.

Están un pouco tolos estes persoeiros sobranceiros, non?

Polo demais, o congreso ten boa pinta.

Hai varios postos de distintas organizacións dos que falaremos máis adiante.

E o que máis nos gustou, a exposicion dos libros favoritos IBBY, onde podemos ver libros de todo tipo, lingua, forma, color e olor!

Bueno, a ver que tal o congreso,

que mañá empeza o importante!

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s