“E vuol dire che é diverso”

Emilia Ferreiro demostrounos empiricamente que as diferenzas suman.
Outra descuberta do IBBY foi a señora Emilia Ferreiro, mestra, das de verdade.
Emilia falounos dun proxecto onde nunha escola en Italia, ensinábaselles aos nenos e nenas a ler en italiano, ao tempo que traballaban con libros escritos noutras linguas con outros alfabetos.

Haberá quen pense que iso é unha perda de tempo, unha loucura e que os nenos se van confundir e que é moi perigoso isto de andar a xogar coas linguas dos inmigrantes, en calquera caso o resultado deste experimento é que os nenos non só aprendían máis e mellor, senón que aprendían precisamente a través da comparación e o respecto polos demais, noutras palabras, a señora Emilia demostrounos que a diversidade de culturas non é obstáculo para a alfabetizacion inicial, senón todo o contrario, pois é esa extrañeza a que suscita a curiosidade intelectual, e non o prexuizo.
Os nenos de cinco anos eran capaces de entender que se falan moitas linguas, de entender que na súa clase hai nenas e nenos que falan e escriben distinto. Ao tempo entenden que se pode contar a mesma historia en moitas linguas, e que cada lingua ten a súa historia.
E só teñen cinco anos…
A profe Emilia Ferreiro deixounos deberes, unha frase para que pensemos:
A forza das minorias consiste en facer pensar ás maiorias.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s