Arquivo da categoría: libros

Henry xa está aquí!!!!

Pois si, chegou da China a segunda edición de O Incrible Neno Devorador de Libros.

É moi emocionante, porque Henry foi o noso primeiro libro, e podermos editar a segunda edición quere dicir que hai moitos nenos e nenas galegos (e os seus pais e nais) que xa saben a que saben as palabras e os libros.

Con esta segunda edición esperamos que sexan moitas e moitos máis quen comece a devorar libros.

Porque só devorando libros aprenderemos como devorar os monstros.

Deixámosvos esta xoia, para abrir boca.

Deixar un comentario

Arquivado en libros, O incrible neno devorador de libros

Foto roubada

Do blog de Espazo Lectura.

Emociónanos moitísimo ver cousas así

(aínda que hai unha pícara por aí que está frita, pero bueno, quen dixo que os libros non valen para relaxarse?)

Deixar un comentario

Arquivado en libros

Incribles Cangas e Gondomar

Esta semana coñecemos uns bos peixes!

Aquí unha foto da súa Noite na Biblioteca.

Primeiro fomos a Gondomar, onde quedamos pampos coa Casa da Lectura e a xente de Espazo Lectura.

Espazo Lectura é unha asociación que organiza actividades incribles e moi divertidas, como a noite na biblioteca.

Temos a sorte de ser socios protectores de Espazo Lectura, e esperamos que os habitantes de Gondomar (Gondomarenses, Gondomariños?) lean e o pasen pipa con Henry, coas vacas, pingüíns, extraterrestres…

E logo, seguimos coa boca aberta ao saber a que se dedicaron no verán os peixes de El pozo de los tres deseos, unha librería chulísima en Cangas.

Pois esta xente dedicouse a facer… arte!

Logo expuxeron na capela da vila as súas obras, e convidaron a todas/os as/as artistas!!!

Botádelle un ollo aos seus traballos!

Deixar un comentario

Arquivado en Librarías, libros

Chegan os extraterrestres!!!!!

Que pasa na cidade extraterrestre cando os extraterrestres deciden buscar novas actividades???

Pregúntalle á túa libreira ou libreiro maís cercano!!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Librarías, libros

Os dedos que soñan, entrevista a Philippe Claudet

Entrevista con Philippe Claudet, mestre, implicado no proxecto de Os dedos que soñan desde hai dez anos, o home que conseguiu facer dos libros para nenos e nenas cegos unha arte, que cos seus libros de beleza e sensibilidade exquisita conseguiu unha “revolución antropolóxica”, conseguiu que se deixasen de adaptar libros de “nenos e nenas normais” para “nenos e nenas cegos” para que fose ao contrario, agora adáptanse os seus libros de nenos cegos ás necesidades específicas dos “normais”.

Patas: Para empezar, unha pregunta bastante parva: Por que precisan libros ilustrados os nenos cegos, non lles chega xa o braille?
Philippe (con cara de sorpresa, ou enfado): A ver, para empezar un neno cego é un neno, e polo tanto ten o dereito de ler e escribir. Pensa que un neno “normal” ve palabras en todas as partes, e de forma subliminal entende a conciencia da importancia da escritura. Como podemos transmitirlle isto a un neno que non ve palabras? Pois os libros son a única ferramenta!
Patas: Por que é importante a ilustración dun conto, non chega con contarlles un conto oralmente?
Philippe: Pois non, os nenos “normais” oen palabras todo o tempo e asocian as palabras con cousas. Este paso simbólico é fundamental no proceso de aprendizaxe e comprensión do mundo que rodea ás persoas. Para un neno cego, esta asociación de palabras con cousas, o verbalismo, é moi complexa, claro que poden asociar palabras con cousas, como garfo ou prato, pero que pasa con “edificio”, ou “sol”, ou “árbore”, as cousas que non poden tocar quedan fóra dese proceso de asociación palabra-cousa, e polo tanto, o proceso de aprendizaxe é distinto do dos nenos “normais” desde a infancia. Cos nosos libros tentamos cubrir esas necesidades nocionais e de desenvolvemento.
Patas: Que porcentaxe da sociedade é o voso público?
Philippe: Pois precisamente por tratarse dunha minoría, non contamos cos datos numéricos qeu nos gustaría. En xeral, en Francia hai dous mil nenos ao ano que comezan a estudar braille, eses son os datos que temos.
Patas: Quen traballa na vosa liña en Europa, como anda esta “industria” do libro ilustrado para nenos cegos?
Philippe: Pois en Europa non existe ningún “produtor” de libros como tal. Hai iniciativas nos paises nórdicos, onde as bibliotecas producen unha copia dun libro e logo traballan en rede para deixarse os libros e deixarllos ás familias. De maneira que os nenos non teñen libros, son as bibliotecas que llos deixan temporalmente.
O noso proxecto é o único que dalgunha forma produce libros ilustrados en “serie”. O corenta e cinco por cento da nosa produción mércaa o estado francés, para a súa rede de bibibliotecas, o outro corenta e cinco por cento vai para nais e pais e institucións, e logo un dez por cento é para xente que lle gustan os libros raros.
Patas: Como traballades vós, que proceso seguides?
Philippe: Pois primeiro, recibimos prototipos de artistas ou nais e pais. Logo organizamos grupos de traballo para ver se ese libro é axeitado e de ser así, como podemos atopar materiais para producilo. Logo vemos en  que colección podería encaixar, e entón empeza o proceso de facer o noso propio prototipo, que é un proceso que tarda uns cantos meses. Máis tarde empeza o proxecto de busca de cartos para facelo (cada libro custa uns 130 euros), e é daquela cando empezamos o proceso de produción, que conta coa man de obra dun obradoiro de integración social. En total, cada libro tarda uns doce meses en chegar ao mercado.
Patas: Moitas grazas, Philippe, pola entrevista e polo voso traballo.
Philippe: http://www.ldqr.org/

Deixar un comentario

Arquivado en libros

IBBY, por fin a crónica

Xa está ben de veranear e apampar,

Aí vai o top ten do IBBY, que non é sen tempo…

(Nota. A orde de factores é totalmente ao chou, todos estes momentos foron flipantes por igual)

1. Os dedos que soñan, entrevista.

2. Conferencia de Emilia Ferreiro. Tonto o que non lea!

3. Victor Montejo, o soño de ser escritor.

4. Jordi Sierra i Fabra, o primeiro discurso en galego do congreso. (Manda…)

5. Facer lectores: deporte de alto risco: de Kabul a Medellín, contra narcos e talibáns.

6. Manolo Forever: Voulles meter un poema…

7. Gita Wolf. Facer libros con cabeza, con ollos e con corazón.

8. A xente. As intérpretas, intérpretes, compañeiros de mesa e de cafés, e os libros, de fondo sempre aí a man, para acompañar cando é imposible decidir a que obradoiro atender.

9. A escolla lingüística dos persoeiros sobranceiros o castelán para as cousas importantes, o galego para falar de carros e vacas, e a dúbida de para que usarían o inglés, de sabelo.

10. Os extraterrestres!!!!!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en festas, libros, lingua

En Foz as vacas poñen ovos!!!

Grazas á librería Bahía de Foz,

fixemos unha festa de vaquiñas e xatiños

e puxemos moitos ovos!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en festas, Librarías, libros