Este ano pedímoslles aos Reis Magos que traian Vitaminas para o Galego,
para soñar con dous mil doce contos vitaminados para a nosa lingua.
Este ano pedímoslles aos Reis Magos que traian Vitaminas para o Galego,
para soñar con dous mil doce contos vitaminados para a nosa lingua.
Arquivado en Uncategorized
Que lle pasa ao camaleón?
Ide correndo a descubrilo nas vosas librerías preferidas!!!!
Este camaleón precisa un amigo!!!!
O camaleón azul/Blue Chameleon
A primeira clase de inglés e galego para os máis pequenos onde aprenderán as
cores coa axuda dun camaleón que se sinte moi só e busca unha amiga.
Ilustración e texto de Emily Gravett
PVP 12,50 euros
Arquivado en Uncategorized
Nin tabletas gráficas nin lerias, o que precisamos para ler ben son lentes!!!!!!
Grazas, vistaÓptica Lugo, por contar con nós!!!
Arquivado en Uncategorized
E en abrl tamén visitamos a biblioteca do cole da Pontenova.
A biblioteca é un proxecto chulísimo que o están poñendo en marcha as profes do cole, que son unhas persoas moi especiais e unhas grandes amantes dos libros.
Alí cos máis pequeniños vestímonos de vacas, e puxemos ovos de cores,
máis tarde, cos maiores debuxamos o mapa da Illa do Medo, e decubrimos que un dos rapaces do cole padece
Tiburonrobotfobia!!!!!!
Ou sexa, que lle ten medo aos tiburóns robot.
Como para non terlle medo….
Moitas grazas profes e nenos da Pontenova por convidarnos a pasar un día tan chulo.
Estamos desexando que nos volvades convidar!!!
Arquivado en Uncategorized
No mes de abril visitamos un cole incrible nun lugar maravilloso que parece sacado dun conto.
Estivemos no cole de San Román de Cervantes, e alí descubrimos que dentro de cada un de nós hai unha vaquiña moi especial.
Aquí van algunhas fotos.
Moitas grazas por un dia tan chulo!
Patasdepeixe
Arquivado en Uncategorized
Ola, Son o rato pequeno.
Eu teño moitos medos, teño medo á escuridade, á auga, a durmir, a andar, aos coitelos…
Hai moitas lectoras que lle teñen medo á intolerancia, á desigualdade, a inxustiza, ao abuso, aos maltratos, á discriminación…
e levan razón, porque iso pon os bigotes de punta!!!!
Pero se ledes o meu libro, veredes que se cadra non ten que ser ben así.
LEDE MOITO!!!
APRENDEDE MOITO!!!!
E BERRADE SEMPRE QUE POIDADES!!!!!
Arquivado en Uncategorized